EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

01.Isabel Risco (2)

I Gala audiovisual Fala de raio

abril 30, 2014 by CINE, CINEOI, CONCURSOS, FALA TV No Comments

Cine de autor e premios a esgalla onte na I Gala audiovisual Fala de raio. A actriz Isabel Risco conduciu unha gala chea de aplausos, risas e premios e cun auditorio entregado ante a calidade e o humor das dez curtametraxes realizadas polos alumnos de 1º BAC do IES Manuel Murguía. Recibiron tamén un diploma os nosos representantes en Tíralle da lingua, que unha vez máis afiaron a súa lingua para participar en Santiago neste certame de narración oral.

Tamén tivemos convidados especiais: Ángeles Huerta, unha das promotoras do festival CinEOI Coruña Curtas, no que este ano a Produtora Fala de raio arrasou gañando catro premios da categoría xuvenil, e mais Jorge Saavedra, director da serie Matalobos, que unha vez máis apoiou esta iniciativa e se desprazou ata o noso instituto. Desde onte son, oficialmente, “madriña” e “padriño” da Produtora Fala de raio. Un bico forte desde Arteixo para os dous!

Se queredes ver as fotos, visitade o facebook de Fala de raio.