EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

II Concurso de relatos do outono-horizontal

II concurso literario do outono

Tras o grande éxito do “I Concurso de contos de medo” do ano pasado, Fala de raio convoca o “II Concurso literario do outono”.

  • Que teño que facer?
    1. Escribir un relato antes do 30 de novembro.
    2. Cunha extensión máxima de 500 palabras.
    3. O tema é libre
    4. É obrigatorio introducir no conto as seguintes palabras: 
    avogado, magosto, purpurina, maxia, rodaballo.
    5. Ponlle a etiqueta ‘concurso do outono’.
    6.
    Publícao na páxina faladeraio.es, na sección “Eu falo”.

  • Se non son usuario da páxina, como podo publicar?
    Vai á sección Participa  (pódela ver na parte superior dereita da páxina).
    Cubre o formulario e no texto da mensaxe solicita un usuario para o blog “Eu falo”.
    No prazo máximo dun día recibirás no teu correo electrónico un Usuario e un Contrasinal e as instrucións para entrar na páxina.
  • Se xa son usuario da páxina, como podo publicar?
    Entra no teu panel de control picando aquí.
    Introduce o teu Usuario e Contrasinal.
    Na pestana Entradas, “Engade unha nova entrada” co teu conto.
    Pica na categoría “Literario”
    Ponlle ao teu texto a etiqueta “concurso outono”
  • Se non me aclaro, que podo facer?
    Escribe un correo electrónico a faladeraio@gmail.com explicando o que che pasa. Axudarémoste.