EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

EDDLG principal

POEMA DE AMOR. Lucía Sánchez Freire e Laura Marta Blanco 4º C ESO.

Lembranza do meu amor

 

Desexo vivir nun soño,

sentir a túa boca o meu refuxio.

Eternamente de amores

xuntos a través dos infortunios!

 

Unha razón pola que sorrir

sempre sobrevive ás chamas.

Gran amor da miña vida,

cantos motivos derramas!

 

Latexa o meu corazón

nunha longa despedida,

sen esixirche algo a cambio

miña amiga querida!

 

Lucía Sánchez Freire e Laura Marta Blanco. 4º C ESO