EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

‘Low costo’, para abrir boca

Velaquí tedes o tráiler da curtametraxe ‘Low costo’, unha idea de Héctor Rodríguez e de Bieito Romero, alumnos de 1º BAC C do noso instituto.

O mércores 22 de abril asistiremos á gala de entrega de premios de CinEOI Coruña Curtas con dúas curtas, ‘Low costo’ e ‘Novos veciños’. Producións Fala de Raio participa de novo na categoría xuvenil deste certame audiovisual, que nesta ocasión conta con Antonio Touriñán, ‘Mucha’, como presidente de honra.

Presentarémosvos estas curtametraxes, e outras que están a piques de saír do forno, na II Gala Audiovisual Fala de Raio. Manterémosvos informados, pero por agora ide abrindo boca con este trailer!

E parabéns aos seus creadores! Os alumnos deste instituto nunca deixan de sorprendernos!