EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

‘Low costo’, segundo premio en CinEOI 2015

Onte unha das curtametraxes realizadas pola produtora audiovisual do noso instituto, Producións Fala de Raio, alzouse co segundo premio da categoría xuvenil do Certame de curtametraxes CinEOI Coruña Curtas. ‘Low costo‘ recrea o tráfico de haxix nunha banda de adolescentes.

Parabéns a Héctor Rodríguez, o director e a alma deste proxecto, a Bieito Romero, coguionista, a Alba Torres, axudante de dirección e maquilladora, aos actores Antonio Vázquez, Mario Álvarez, Daniel González, Carlos Sánchez, Raúl Dasilva e Pedro Quintana, e ao sonidista Yago Muñiz, todos eles alumnos de 1ºBAC do noso IES Manuel Murguía.

Non deixedes de ver este excepcional traballo.

No Facebook de Fala de raio podedes ver fotos da gala, cos rapaces co actor e humorista Xosé Antonio Touriñán (a famosa Mucha das Cantareiras de Ardebullo).

Tamén tedes aquí o vídeo do momento en que Héctor recibe o premio na gala.