
MARÍA CANOSA ESTIVO NO MURGUÍA
O 13 de abril agasallounos coa súa presenza a escritora María Canosa para falar da súa obra O neno Inverno, un libro que acadou moito éxito entre o alumnado de 1º ESO.
Tiveron a oportunidade de charlar coa autora e preguntarlle sobre a novela, o mundo editorial, a súa vida…
Agardamos que vos gustara e aproveitamos para agradecerlle de corazón a María Canosa a súa visita e a súa simpatía.
Moitas grazas!!!