EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

EDDLG principal

Medo, a súa historia. Hugo Herrador Segade. 2º A ESO.

enero 31, 2019 by ACTIVIDADES, BLOG No Comments

Medo, a súa historia.

Ás veces síntome triste, a xente non me ve tal e como son (ou creo ser) . Estiven na pel de practicamente todo, e aínda non sei quen son. A maioría da xente, ao verme foxe de min e non entendo por que (supoño que será o instinto humano). Chámanme e logo escapan. Nin me imaxino como se sente miña irmá: a Fobia; e meu pai: o Terror. Gustaríame coñecer a miña nai, aínda que ela, desgraciadamente, foise ó ceo durante o meu nacemento.
Morte era amigo do meu pai e dixéralle que era probábel que tivera que ir a por ela naquel intre, mais meu pai non o creu, e ocorreu a traxedia. Miña nai, segundo todas as persoas que a coñecían, era unha muller fantástica, chamábase Ledicia, gustáballe escribir e tocar o piano. Eu seguín a súa pista, até que Morte veu por min, entón soltei o bolígrafo… Esta vez para sempre.

 

Hugo Herrador Segade. 2º A ESO.