EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

CSC_0083

MEDO ME DÁS! ENTREGA DE PREMIOS.

O venres, 8 de novembro, celebramos no salón de actos do instituto a fase previa do concurso de relatos orais Tiralle da Lingua. Feito que aproveitamos para facer entrega do premio MEDO ME DÁS!  a Álvaro Fuentes Campaña, alumno de 2º ESO G , que foi o vencedor coa obra Unha fría noite de inverno. Trátase dun excelente texto de terror situado no medievo, perfectamente documentado, e que foi elixido por unanimidade, polo xurado do certame, como o mellor dos presentados.

Temos que dicir que o nivel foi moi alto, de xeito que felicitamos tamén a todos e todas as participantes polos seus magníficos relatos.

Convidámosvos a que sigades participando nos vindeiros certames, dos que vos iremos informando proximamente.

Parabéns a Álvaro e tod@s @s participantes!!