EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

EDDLG principal

Non quería ser raíña (Alex Antelo, Sergio Barreiro, Pablo Rodríguez, Jorge Sotelo) (4ºB)

A moza de cabelo louro
no parque, tumbada na herba.
O mozo achegouse a ela
e comezou o faladoiro.

Como estás? Canto tempo!
Preguntou o mozo,
cun sorriso por esbozo
e cun mirar contento.

Estou ben, respondeu ela,
pero era unha fachada.
E engadiu a amada:
Como nunca o estivera.

Mais a dor que ela sentía
era equiparable
ao erro imperdoable
do mozo aquel día.

Alex Antelo, Sergio Barreiro, Pablo Rodríguez e Jorge Sotelo. 4º B ESO