EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

DSC_0341

O ALUMNADO DE 4º ESO NA RAG / CASA MUSEO EMILIA PARDO BAZÁN.

noviembre 4, 2019 by ACTIVIDADES, VISITAS No Comments

4-11-2019

No IES Manuel Murguía de Arteixo temos por costume achegarnos cada ano á cidade vella da Coruña, para facer unha visita obrigada á RAG e á Casa Museo Emilia Pardo Bazán, dous lugares imprescindibles que queremos que todo estudante do noso centro teña a oportunidade de coñecer.

Ademais, sempre aproveitamos para percorrer as históricas rúas da cidade Herculina e ensinarlles inmobles e lugares de interese, que ás veces pasan desapercibidos ó viandante e que serven de mostra da enorme riqueza cultural que agocha esta cidade. Falamos de enclaves como o monumento a Curros, a antiga sede da revista Alfar e da editorial Nós, a casa onde viviu e morreu Manuel Murguía e a súa filla Gala, o lugar onde expuxo as súas primeiras obras Picasso, as Irmandades da Fala, o lugar onde morreu Sir John Moore e tamén o monumento homenaxe a este persoeiro, as casas onde viviron Rosalía de Castro, Juana de Vega e Francisca Herrera…

O tempo, como é costume, non acompañou, pero pensamos que a saída pagou a pena.

Queremos tamén agradecer o comportamento excepcional do alumnado e a profesionalidade do persoal da RAG/Casa Museo Emilia Pardo Bazán.

Agardamos a saída fóra de proveito!

 

DSC_0350DSC_0342DSC_0341