EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

DSC_0193

O alumnado de 4º ESO visita Sargadelos/O Castro (Sada) e o pazo de Mariñán (Bergondo)

mayo 7, 2017 by ACTIVIDADES, VISITAS No Comments

O venres 5 de maio visitamos cerámicas O Castro e o pazo de Mariñán. Os rapaces e rapazas do centro puideron percorrer as instalacións da fábrica creada por Isaac Díaz Pardo e Luis Seoane, entre outros. Alí puideron ver como era o proceso de produción e a galería de exposición e ventas. Ademais tiveron a amabilidade de ensinarnos o museo, onde hai orixinais de artistas da talla  de Castelao, Laxeiro, Seoane, Díaz Pardo, Maside, Lugrís…

Despois desprazámonos a Bergondo para visitar o pazo de Mariñán, onde nos contaron a súa historia e nos ensinaron as obras de arte que alí se conservan. Tamén tiveron tempo para pasear polos seus fermosos xardíns a carón do río Mandeo, e para gozar das fermosas vistas con Betanzos ó fondo.

O próximo día 12 de maio volveremos con outros dous grupos.

Aquí vos deixamos algunhas fotos.

Parabéns  unha vez máis polo voso comportamento!!!

 

DSC_0278

DSC_0277

DSC_0264

DSC_0259

DSC_0266 DSC_0265

DSC_0262

DSC_0258

DSC_0243

DSC_0230

DSC_0229

DSC_0225

 

DSC_0227

DSC_0223

DSC_0216

DSC_0219

DSC_0207DSC_0221 DSC_0196

DSC_0198

DSC_0194

DSC_0192

DSC_0193

DSC_0187