
O IES MANUEL MURGUÍA ASISTE AO CONCERTO DE SÉS NA CORUÑA.
O alumnado de 2º ESO asistiu o pasado mércores, 24 de abril de 2019, ao concerto da cantante SÉS no centro ÁGORA da Coruña. A rapazada puido gozar da música desta fantástica artista e falar con ela, quen incluso accedeu a retratarse cos nosos alumnos e alumnas.
Queremos dende aquí dar as grazas ao concello da Coruña, que nos facilitou a asistencia a esta actividade; a SÉS pola súa simpatía e profesionalidade; e aos nosos rapaces e rapazas do Murguía polo seu comportamento exemplar.
Agardamos que vos gustara!!
Aquí van algunhas fotos.