EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

Debate no Parlamento Xove entre o IES Manuel Murguía de Arteixo e o IES Menéndez Pidal da Coruña

O IES Manuel Murguía, clasificado para a final de Parlamento Xove

O IES Manuel Murguía conseguiu un meritorio sexto posto no torneo de debate  Parlamento Xove 2004 que se celebrou este sábado na Deputación da Coruña e no que participaban 24 institutos de toda Galicia. Podedes ver aquí a clasificación.

Felicitamos aos nosos representantes, Patricia Caramés, Juan Luís Márquez, Iván Nemiña e Darío Pazos, de 1º de Bacharelato, que fixeron un destacadísimo papel no seu primeiro ano de participación nestes debates.

Felicitamos tamén aos outros equipos clasificados, dos institutos Laxeiro de Lalín,  de Becerreá, da Pinguela de Monforte, de La Salle e do Divina Pastora.

Mais isto non remata aquí. O 26 de abril será a gran final no Parlamento de Galicia, na que so estarán os 8 mellores deste campionato. Alí estarán de novo os nosos rapaces, poñendo a proba outra vez as súas capacidades de oratoria.

Ánimo e a prepararse!!