EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

Teresa Seara no concello Arteixo

O IES MANUEL MURGUÍA DEFENDE A NOSA TOPONIMIA.

junio 11, 2018 by BLOG, CIENCIA, VISITAS No Comments

A rapazada do noso instituto loita por cambiar a toponimia castelanizada da nosa cidade. Proba disto é a visita que fixeron ao concello para buscar apoios na súa campaña para que Google modifique a denominación Arteijo, pola autóctona e oficial, Arteixo.

Esta reivindicación é froito dun estudo que está desenvolvendo o alumnado de 2º B ESO, no marco do proxecto: “Superdiversidade lingüística en áreas periurbanas. Análise escalar de procesos sociolingüísticos e desenvolvemento da conciencia metalingüística en aulas multilingües”. Este traballo  estano levando a cabo as investigadoras da Universidade de Santiago de Compostela, Gabriela Prego Vázquez e Luz Zas Varela, en colaboración coa profesora do noso centro, Teresa Seara e o seu alumnado de 2º B ESO.

Trátase du proxecto a través do cal a rapazada analiza a paisaxe lingüística do concello de Arteixo. Cando estaban traballando, decatáronse de que non se estaba empregando a forma correcta nos mapas de Google. Por este motivo, decidiron enviarlle unha carta a esta multinacional solicitando o cambio pola topónimo oficial, Arteixo.

Moita sorte coa vosa reivindicación!!

Parabéns polo traballo realizado!!