EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

DSC_0238

O PERGAMIÑO VINDEL

febrero 7, 2018 by ACTIVIDADES, VISITAS No Comments

As cidades de Vigo e Pontevedra foron obxecto da nosa visita para coñecer dous museos imprescindibles: o de Pontevedra e o Museo do Mar de Vigo.

O obxectivo principal foi coñecer unha xoia das nosas letras: o Pergamiño Vindel, de importancia capital para a  cultura galega, xa que se trata dun manuscrito do s. XIII que nos amosa como era a música das cantigas de amigo. Recolle sete cantigas do trobador Martín Códax, das que seis teñen notación musical. Pocede da Biblioteca Pierpont Morgan de Nova Iork, e estará en Galicia até o mes de marzo. Polo tanto tratábase dunha oportunidade única para coñecelo.

O Museo do Mar tamén resultou de interese por atoparse alí obxectos relacionados co mundo marítimo, tan ligado a Galicia ou, por exemplo, o submarino de Sanjurjo Badía ó que fai referencia a escritora Ledicia Costas na súa obra A vida secreta das mulleres planta.

Aproveitamos tamén para realizar unha visita guiada polo Museo de Pontevedra, onde o alumnado do IES Manuel Murguía puido achegarse a obras e obxectos de Castelao, Asorey, Lloréns, Soutomaior, Ovido Murguía, petroglifos ou o fantástico tesouro de Caldas de Reis.

Aquí vos deixamos algunhas fotos.

Agardamos que vos gustara todo e grazas polo voso comportamento!!!

DSC_0199

DSC_0175DSC_0238DSC_0234DSC_0227DSC_0232DSC_0228DSC_0226DSC_0217DSC_0218DSC_0202DSC_0200DSC_0208DSC_0184DSC_0185DSC_0177DSC_0194