EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

Jorge Saavedra no obradoiro de rodaxe cos alumnos de 1ºBAC do IES Manuel Murguía

Obradoiro de rodaxe con Jorge Saavedra. Si, si, o de Matalobos!

Este xoves tivemos unha visita de excepción no noso centro, a de Jorge Saavedra, director de series tan famosas como Matalobos e autor de numerosas curtametraxes.

Jorge tivo un encontro cos alumnos de 1º de Bacharelato para traballar con eles en cuestións relacionadas coa rodaxe audiovisual. Aprendemos moito e saímos reforzados para seguir adiante coas curtametraxes que estamos a preparar. Non nos imos saltar o eixe, prometémoscho, Jorge!

Queres ver todas as fotos? Entra aquí.