EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

Peter-Punk no IES Manuel Murguía

Peter Punk, risa e clown

abril 22, 2015 by ACTIVIDADES, NO ESCENARIO No Comments

Peter Punk é o mellor pallaso galego do momento, o máis fresco e o máis gamberro. Tamén un dos máis internacionais, pois os seus espectáculos xa xiraron por medio mundo. Se queredes saber máis sobre el visitade a súa páxina web.

Este venres pola mañá traerá a risa ao noso instituto coa función A Chungatrona, horas antes doutro espectáculo diferente que esa mesma tarde leva ao novo centro cultural de Meicende.

Preparádevos para rir a esgalla: o venres 24 de abril, ás 12.40h, no Salón de Actos do IES Manuel Murguía.