
Poema de amor. Claudia Doel Malvárez. 4º B ESO.
Poema de amor.
Por moito que non quixen acabei facéndoo,
Deixei de quererme e só te quixen a ti.
O peor de todo é que foi inconscientemente.
Que dor.
Pero chega o inverno e ti xa quedaches atrás,
e volvemos a eses sentimentos
medo, medo a deixar de ser suficiente, medo
a que non exista o interese.
Medo a perder.
Así que poño punto e final á historia
Oxalá encontres a unha persoa
Que sexa como un paraíso,
cheo de felicidade e amor.
Conténtome con saber que non encontrarás
Un desastre coma min.
Así que agora deixando as pantasmas atrás
Deixo unha mensaxe para min mesma:
Non necesitas a ninguén,
Mais que a ti mesmo
É difícil, seino
Pero o amor propio é o mais importante.
Claudia Doel Malvárez. 4º B ESO.