EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

EDDLG principal

POEMA DE AMOR. Amira Berrahou Bounous e Sandra Regueira Basoa. 4º B ESO.

Poema de amor

Quero ser as mans que percorren o teu corpo.
Quero ser a persoa na que pensas día e noite.
Quero escoitar “quérote” saíndo da túa boca.
Quero que non te esquezas de min.

As nosas noites son de paixón e os nosos días de sentimentos.
A nosa relación é unha corda, sempre tira e afrouxa ata que un día rompa.
Contigo sempre prefiro perder para despois gañar o teu sorriso.

Quero que sexas o meu espertar.
Quero que alegres todos os días da miña vida.
Quero bicarte ata ás dúas da madrugada.
Quero que me queiras.

Amira Berrahou Bounous e Sandra Regueira Basoa. 4ºB ESO.