
POEMA DE AMOR. Adrián Baliña Blanco, Inés Senra Rodríguez e Noa Souza Souto. 4ºC ESO
Ámote por sempre, vermella
Toda a noite durmín contigo
fíxenche dano, alma miña?
O meu corazón que ten espiñas
tes que abrir porta a porta
pouco a pouco, paseniño paseniño.
Buscas traballo de 3 quendas xa que
ninguén ve a túa coroa de cristal
porque ninguén mira ben.
Ti anímasme a recoller rosas
aínda que non perdiches o amor
que che quixen quitar.
Eu ámote por sempre, vermella.
Adrián Baliña Blanco, Inés Senra Rodríguez e Noa Souza Souto. 4ºC ESO