EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

EDDLG principal

Poema de amor. Alba Suárez Bolón. 4º B ESO.

Porque se ti me animabas a recoller rosas,

eu enchía as miñas mans de espiñas.

porque se ti me animabas a acariciar as agullas,

eu picábame con elas.

Porque se ti me animabas a atravesar un edificio en chamas,

eu queimaba o meu corpo.

Pero nin as rosas son como a seda,

nin as agullas como prata,

nin o lume simula néboa espesa.

Porque as mentiras

se as contabas ti,

a min parecíanme verdade.

 

Alba Suárez Bolón. 4º B ESO.