
Poema de amor. Cristina Rivero e Nerea Vázquez 4ºB
Poema de amor.
Ela é a máis bonita,
ela é pura dozura,
quen me dera poder tela
e mirar xuntos as estrelas.
Desexo estar con ela,
mais ela non quere estar,
pero sei que con esforzo,
todo se pode lograr.
Non sei como nin cando,
pero dela funme namorando.
Volvamos ao pasado,
cando eu estaba xogando,
ela coas súas amigas,
polo camiño ían paseando.
Esa noite no meu cuarto,
eu só andaba pensando,
no que o sono me estaba quitando.
Aquela rapaza loira, alta e de ollos claros
que facía días estivera ollando.
Cristina Rivero Villar e Nerea Vázquez Fornos. 4º B ESO.