
POEMA DE AMOR. Fátima Zahra Ghadbane e Alexandra Rodríguez Hafdi 4ºB.
Poema de amor
Pode que non me coñezas, pero vinte, vinte e puiden admirar o teu falar, o teu mirar e o teu camiñar.
As persoas adoitan dicir que o amor a primeira vista non existe, pero eu penso que é algo inevitábel. É como nacer, nós non eliximos nacer, nin tampouco aos nosos pais e a nosa vida, non obstante estamos aquí: limitámonos a existir.
Sinto que caio ao abismo, ao abismo do teu iris envolvente, que fai sentir a primavera máis preto que nunca.
A túa presenza é como o vento, ás veces pode ser quente, outras, pode ser forte e frío, tan forte que sentes que che pode facer voar.
Ti, ti que es o mirar dos meus ollos cheos de amor, ti, ti que non miras nunca atrás, ti, ti que non te fixas nas persoas do teu redor, e non obstante… séguesme tendo nos teus brazos, preocupado de se vou seguir viva, e sen que me coñezas, pódoche dicir con firmeza que non é a primeira vez que sinto que gaño cando estou perdendo.
Como vou a esquecer o último respiro, por fin puiden verche os sentimentos a flor de pel…
Fátima Zahra Ghadbane e Alexandra Rodríguez Hafdi. 4º B ESO.