EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

EDDLG principal

Poema de amor. Kevin Blanco Vázquez e Ismael Fernández Felpete. 4º C ESO.

A lúa e o sol

No ceo hai dous reinos

ben separados,

os seus monarcas

están namorados.

 

Falo da lúa

e falo do sol,

sempre agochados

tras do seu amor.

 

O sol sae cedo

ha de madrugar,

cando chega a lúa

tense que agochar.

 

Dálle moita mágoa,

tamén moita pena,

non pode ver a lúa

cando está chea.

Kevin Blanco Vázquez e Ismael Fernández Felpete. 4º C ESO.