EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

EDDLG principal

Poema de amor. María Muñiz Veiga e Lucía López Calvete. 4º C ESO.

Os teus ollos azuis calmados

azuis como o mar

mar de sentimentos mutuos

eramos nós, dous namorados.

 

Todo semellaba calmado

como un barco que navega

nese mar de sentimentos.

 

Un barco tranquilo

que ignoraba os problemas e todo aquilo

que aproveitaba pequenas brisas

todo ía amodo

ninguén tiña presa.

 

Un día chegou a tormenta

todo mudou

Por que os teus ollos cambiaron?

aquel azul como o mar

aquel azul como o ceo

Onde queda o noso ceo

cando tumbados,

todo semellaba sinxelo

falabamos coa mirada,

pero un día,

mireite aos ollos e

non vin ese amor que gardaban,

sentíate lonxe

estabas ó meu carón

non me digas amor

se os teus ollos

reflicten dor.

María Muñiz Veiga e Lucía López Calvete. 4º C ESO.