EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

EDDLG principal

Poema de amor por Ainoa Perpiñá e Ana Cardona. 4ºB ESO.

Poema de amor

Non creo que teña que repetir o difícil que é para min,

rompiches os meus esquemas e é por iso que non sei moi ben o que sinto por ti;

Namoreime, namoreime das túas caricias que desprendían máis caricias,

dous teus bicos que me facían desexar máis bicos.

Non estás ao tanto das veces que te pensei,

non sabes que estou farta de só palabras,

e incluso de todas as palabras que esperei de ti.

Non quero perderte,

non quero nada diso;

Só quero un día máis ao teu lado,

e que se repita por sempre.

Ainoa Perpiñá e Ana Cardona. 4º B ESO.