EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

Poesía de San Valentín

febrero 2, 2017 by ACTIVIDADES No Comments

12/2/1996

Estarei, estarei,

estarei namorado?

Estarei, estarei,

estarei enfeitizado?

Non sei o que pasa

será un meigallo?

Ti, linda rapaza,

tesme namorado!

14/2/1996

Querida, queridiña,

queridísima namorada

de longos e oscuros cabelos,

pel branca e fermosa mirada

Toleachesme, neniña!

Toleachesme; ruliña!

Por iso eu che escribo

querida, queridiña,

queridísima namorada

teñoche na mente

teñoche na alma

18/2/1996

Cando queras que che queira

e chores coma unha nena.

Corre, ve e dillo a calqueira

o porqué da túa pena.

Chora nena, nena chora

cando vexas o que che desacouga

ese home de ollos verdes

e sorriso que namora

Marchou e levou o teu corazón.

Marchou e levou a túa ilusión.

Xogou contigo coma ti,

cun humilde servidor.

hombre escribiendo

Carla Rama Carballo 4º D