
PRADOLONGO E O SEU DIRECTOR, IGNACIO VILAR, NO MURGUÍA.
Hoxe tivemos o pracer de que nos visitara o director de cine Ignacio Vilar, autor de obras como A esmorga, Pradolongo, ou Sicixia; entre outras.
Puidemos falar con el da súa carreira e filmografía, e de aspectos relacionados coa nosa cultura.
Queremos agradecer dende aquí á produtora Vía Láctea o seu apoio e tamén ao concello de Arteixo pola cesión do auditorio.
Grazas tamén a Ignacio Vilar pola súa simpatía, e ao alumnado polo seu magnífico comportamento.