EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

IES Manuel Murguía na final de Parlamento Xove 2014 no Parlamento de Galicia

Premio ao mellor dossier de investigación en Parlamento Xove 2014

O equipo do IES Manuel Murguía tivo a oportunidade de pasar unha xornada moi intensa nun lugar privilexiado: o hemiciclo do Parlamento de Galicia.

Esta vez o noso equipo de debate non puido co IES de Becerreá, logo dun duro debate no que ao IES Manuel Murguía lle tocou defender a postura “en contra” no dilema “debe primar a seguridade dun país sobre a privacidade dos cidadáns?”.

Non importa. Volvemos ao instituto coa satisfacción de quen viu o seu traballo recoñecido co Premio ao mellor dossier de investigación deste certame. Parabéns a Patricia, Juanlu, Darío e Iván polo seu gran traballo!

Se queredes ver todas as fotos da fase de clasificación e fase final do Parlamento Xove 2014, entrade no Facebook de Fala de raio picando aquí.