EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

festipopeons_web

Premio no Festipopeóns

O traballo dos nosos alumnos elaborando artesanalmente peóns cada ano por iniciativa do Departamento de Educación Física levou estes días o “Premio de decoración de peóns” no III Festipopeóns, o Festival Ponteceso de Peóns, que organizan a Fundación Ricardo Pérez y Verdes e mais o Melga, o Museo Etnolúdico de Galicia. É un interesantísimo certame que ten como obxectivo principal difundir e divulgar este xogo.

A nosa embaixadora en Ponteceso foi a profesora Ángeles Lence, que deleitou as moitísimas persoas que enchían o recinto do Centro Cultural co seu saber, pedagoxía e bo facer e amosou no nome dos alumnos do IES Manuel Murguía unha ampla colección de peóns.

Podedes ver algunhas fotos dos peóns e dos trofeos no álbum colgado no Facebook de Faladeraio.