EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

Gymkana do concurso "Canto sabes de...?" (IES Manuel Murguía)

Premios de Fala de raio e gymkana final

Este venres terá lugar a agardada entrega de premios dos concursos Fala de raio:

  • Quen será o gañador do certame de contos de medo?
  • Quen gañou o concurso “Canto sabes de…?”

Vide ao patio, e xusto antes da gymkana final, faráselles entrega dos premios aos gañadores!

  • E deseguido, concurso de probas de habilidade, enxeño e bo humor co que despediremos o curso.
  • Forma un equipo de 2, 3 ou 4 membros e participa!
  • Haberá substanciosos premios!