EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

DSC_0026

PRESENTACIÓN DE VÉRTICE DE VERSOS E ENTREGA DE PREMIOS DO EDL.

O director de cine, Carlos Lorenzo, presentou no noso centro o excelente traballo documental, VÉRTICE DE VERSOS. Trátase dun filme que dá conta do fantástico momento que vive a nosa poesía, xurdida da man de poetas novos que están conquistando, non só lectores en Galicia, senón tamén máis aló das nosas fronteiras.

A profesora Teresa Seara foi quen conduciu a presentación e fixo posible que esta obra se proxectara no IES Manuel Murguía.

Aproveitando a ocasión, pedímoslle a Carlos que fixera entrega dos premios do Equipo de Dinamización Lingüística, ó que accedeu moi amablemente.

Os galardoados foron:

-David Sánchez Ferrol, como gañador do II Certame de Poesía Viveiro de Poetas do IES Manuel Murguía.

-Azahara Díaz Rodríguez, vencedora no II Certame de Deseños Adhírete ás Letras.

-Verónica Rodríguez Rossi, accésit no certame de debuxos citado arriba.

DSC_0040DSC_0031DSC_0029DSC_0030DSC_0026DSC_0024DSC_0017DSC_0021DSC_0002DSC_0010DSC_0003