EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

Prohibida obsesión

Véxote alí sentada, esperando, nunca sei en qué pensas, pero fascíname observarte dende onde ti non podes saber que o fago, encántame sentir que é un xogo de dous a pesar de que non o sexa, pónme nervioso, excítame e cálmame a partes iguais.

Non te coñezo, non me coñeces, pero é o noso xogo.

Preciosa; estás simplemente espléndida: cos teus zapatiños náuticos azuis que bailan distraídos graciosamente complementando ás medias verdes que cobren eses pés que aínda que non os vexa sei que son un dos extremos de perfección en que termina o teu fantástico corpo; enamórame que só cubran os teus xeonllos, os teus muslos tersos deixanme imaxinar cómo sería acariñalos e sentir como reacciona a túa pel erizándose e esa falda azul con ese voo que consegue enrabietarme, eses pregos, qué sortudos; polo verde, froxo, non me deixa intuir a túa silueta, con clase, pegado ás bonecas.

Non sei o teu nome pero mereces que sexa Beleza, ese é o que susurrarei cando atente contra Deus e exerza o meu amor propio. Levántaste daquel banco e acomodas a túa falda, pasas as mans sobre ela, alisándola, querendo quitar calqueira imperfección e eu mórdome os beizos, quero arrancala e daríame igual un si ou un non; miras o teu reloxo, pareces preocupada, podería acercarme e preguntar que che pasa; acércase alguén, ponse á túa altura e te abraza, é o momento de marchar, pequena, volveré mañá á saída do colexio a axexarte.