EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

Paula Carballeira

Quentando motores para o Tíralle da lingua con Paula Carballeira

Paula Carballeira non para. Tras o éxito que acadou hai uns cantos días no Festival Internacional de Narración Oral Atlántica, rodeada dos mellores contacontos do mundo, tivémola unha vez máis no noso instituto, transmitíndonos historias, de medo, de dragóns ou de acotío, pero todas elas extraordinarias.

Foi unha sorte para os alumnos de primeiro ciclo do IES Manuel Murguía asistir ao seu espectáculo. E agora, a contar vós! Lembrade que xa se convocou o concurso“Tíralle da lingua” e que, coma sempre, ten grandes premios. É a vosa oportunidade, contistas! Mirade as bases do concurso.