EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

DSC_0047

REAL ACADEMIA GALEGA E ROTEIRO POLA CORUÑA (30 de outubro e 6 de novembro, 2018)

octubre 30, 2018 by ACTIVIDADES, VISITAS No Comments

O alumnado de 4º ESO realizou un percorrido polas rúas coruñesas para coñecer lugares como as casas onde viviron Rosalía de Castro, Manuel Murguía, Francisca Herrera Garrido, a sede da editorial Nós e da revista Alfar,  o lugar da primeira exposición de Picasso, o monumento a Curros, o  lugar onde se crearon as Irmandades da Fala,  a casa de Juana de Vega,  o monumento en homenaxe a Sir John Moore…

A continuación achegámonos á Real Academia Galega e á Casa Museo Emilia Pardo Bazán. Aquí a rapazada recibiu información sobre esta institución e as súas funcións, ademais de coñecer a historia da escritora a quen pertenceu este inmoble.

Agradecemos o comportamento do alumnado e a acollida por parte dos empregados e empregadas da RAG.

 

DSC_0035DSC_0002DSC_0003DSC_0009DSC_0012DSC_0017DSC_0020DSC_0023DSC_0024DSC_0025DSC_0033DSC_0027DSC_0038DSC_0046DSC_0047DSC_0055DSC_0053DSC_0002DSC_0011DSC_0016DSC_0038DSC_0005DSC_0003DSC_0007DSC_0025DSC_0023DSC_0032DSC_0031