EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

DSC_0007

RECITAL POÉTICO DE PURA TEJELO NO IES MANUEL MURGUÍA.

Hoxe, tivemos o inmenso pracer de que volvera ó noso instituto a profesora e compañeira , Pura Tejelo.

A autora de A elegancia do século (obra coa que gañou o Premio Johán Carballeira no ano 2016), fixo as delicias dos presentes no acto cun magnífico recital poético, acompañada de antigos alumnos, e unha excelente análise da obra. Tamén tivo tempo para falar distendidamente coa rapazada sobre poesía e curiosidades relacionadas co mundo literario.

Foi un acto moi emotivo e que nos colmou de ledicia.

Queremos agradecer aos asistentes ao acto o seu comportamento, e a Pura Tejelo a súa simpatía.

Tamén desexamos felicitala pola segunda edición deste magnífico libro.

Moitas Grazas!!!

 

DSC_0007DSC_0030DSC_0009DSC_0005DSC_0011DSC_0025DSC_0036DSC_0039DSC_0044DSC_0048DSC_0049DSC_0062DSC_0056DSC_0064DSC_0071DSC_0078DSC_0081DSC_0082DSC_0084