EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

EDDLG principal

Reflexión sobre o amor. Ainoa Perpiñá. 3º D ESO.

Como definir o amor…Eu prefiro chamalo ilusión por encontrar a alguén que che fai sacar un sorriso nos momentos máis complicados da vida de cada un/unha. Ás veces pode ser non correspondido,  esta é a peor parte que ten o amor, xa que non estás feliz, porque o que sentes por esa persoa non é mutuo, entón cérraste cada vez máis, ata que ninguén consegue facerche sorrir. Pero outras veces o amor é compartido polas dúas persoas, cando o miras e enmudeces, ou só sacas un sorriso, tamén cando o ves e sénteste nerviosa, inqueda, … cando sentes que algo está a remexer o teu estómago, aí e cando sabes que estás namorado/a desa persoa e el/ela sente o mesmo por ti.

Ainoa Perpiñá Iglesias. 3º D ESO.