Son o dono do meu destino, son o capitán da miña alma
Velaquí un fermoso poema inglés versionado en galego polos alumnos de 1º ESO A de Ámbitos.
Hai pouco, con motivo do I Congreso escolar Superación e resistencia, estes rapaces fixeron un excelente traballo sobre a figura de Nelson Mandela, un dos exemplos máis admirables de resistencia ante a adversidade de toda a historia mundial.
Coa película Invictus de Clint Eastwood, baseada no libro O factor humano, popularizouse o poema que acompañou a Mandela durante os seus 27 anos en prisión e que o axudou a soportar o insoportable. Trátase duns fermosos versos do século XIX do poeta William Ernest Henley, que acaban así:
“Son o amo do meu destino.
Son o capitán da miña alma”.
Pola alma de Mandela e por todas as outras almas inconquistables!