EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

Antoloxía de literatura galega traducida a diferentes idiomas

Letras galegas, letras sen fronteiras

O vindeiro domingo é 17 de maio, o Día das Letras Galegas. No instituto querémoslle facer unha homenaxe á nosa lingua centrándonos no seu carácter máis internacional. Así que a partir desta semana que empeza haberá actividades diferentes no instituto que incidirán nesta idea e que nos farán ver o interese que espertamos fóra das nosas fronteiras.  Por exemplo, poderedes ver unha exposición na biblioteca con traducións de obras literarias galegas a idiomas do máis variopintos: árabe, ruso, xaponés… E ademais, inauguraremos unha nova sección da páxina, Fiestra aberta, coas entrevistas que varios alumnos de 1º ciclo da ESO lles realizaron a estudantes estranxeiros que aprenden galego nas súas Universidades en Croacia, Polonia, Alemaña, Inglaterra, Gales ou Italia.

canto sabes de - premiadas - ikram e paula noya

Xa temos gañadoras do concurso “Canto sabes de…?”

Ikram El Archi, de 1º ESO G, e Marta Noya, de 3º ESO B, son as gañadoras do certame “Canto sabes de…?” do curso 2013-2014, nas categorías respectivas de 1º ciclo e 2º ciclo. Xusto antes da gymkana do pasado venres ambas as dúas recibiron cadanseu agasallo. Podedes ver como locen o seu “galician style” Ikram e Paula, que recolleu a bolsa da súa irmá. Felicitámolas ás dúas pola súa participación constante e mais por resolveren ambas a proba do Nadal sobre “A volta ao mundo de Phileas Fogg“, que puntuaba dobre.  

Gymkana do concurso "Canto sabes de...?" (IES Manuel Murguía)

Premios de Fala de raio e gymkana final

Este venres terá lugar a agardada entrega de premios dos concursos Fala de raio: Quen será o gañador do certame de contos de medo? Quen gañou o concurso “Canto sabes de…?” Vide ao patio, e xusto antes da gymkana final, faráselles entrega dos premios aos gañadores! E deseguido, concurso de probas de habilidade, enxeño e bo humor co que despediremos o curso. Forma un equipo de 2, 3 ou 4 membros e participa! Haberá substanciosos premios!

conferencia-tailandia-iesmanuelmurguia1

Viaxamos por un mundo diverso

junio 12, 2014 by ACTIVIDADES, OBRADOIROS No Comments

Ao longo destas últimas semanas o alumnado de 3º PDC, non deixou de sorprendernos pronunciando interesantísimas conferencias, integradas baixo o título xenérico de “Viaxamos por un mundo diverso” no ciclo “Todos ensinamos, todos aprendemos” que está a desenvolverse na biblioteca do noso centro. Tivemos ocasión de coñecer a través destas exposicións moitas cousas que non coñeciamos sobre Galicia, que nos achegou Diego Caamaño. Tamara Santos e Andrea Rozamontes fixéronnos máis próxima a realidade de Tailandia e Pedro Cancela e Adián Seixas centráronse en Venezuela. Kariama Mahdaoui, Nathaly Marín e Thais Salazar aproximáronnos a Ecuador e mais a Marrocos, lugar de orixe de boa parte do noso alumnado. Thais Salazar e Araceli Ventureira faláronnos sobre o pobo xitano e Carlos Contreras e Ismael Rozamontes finalizaron o ciclo ilustrándonos sobre a República dominicana. Así cada día, nunha biblioteca ateigada de público asistente, cada segundo recreo os propios alumnos fóronnos falando das súas paisaxes, linguas e comidas, e ata puidemos degustar algunha esquisitez, como té de menta ou doces típicos, todos deliciosos! Tamén fixeron soar as súas músicas, coa colaboración do alumnado de 1º ESO B. Estamos moi orgullosos destes alumnos pola calidade do seu traballo. Parabéns aos vosos profes, Cristina Galán e Begoña Campos, e a [...]

CANTO SABES DE 10 - pregunta

Canto sabes de? 10

Que prazo teño para contestar? Do luns 3 de febreiro ao domingo 9 de febreiro. Hai grandes premios? Si, un premio para o acertante de máis preguntas de cada ciclo. Os premios recibiranse en maio. Como fago para contestar? Cubre o formulario:

CANTO SABES DE 09 - pregunta

Canto sabes de? 9

Que prazo teño para contestar? Do luns 20 de xaneiro ao domingo 26 de xaneiro. Hai grandes premios? Si, un premio para o acertante de máis preguntas de cada ciclo. Os premios recibiranse en maio. Como fago para contestar? Cubre o formulario:

CANTO SABES DE 07 - pregunta

Canto sabes de? 7

Que prazo teño para contestar? Do luns 23 de decembro ao luns 6 de xaneiro. Hai grandes premios? Si, un premio para o acertante de máis preguntas de cada ciclo. Os premios recibiranse en maio. Como fago para contestar? Cubre o formulario:

CANTO SABES DE 06 - pregunta

Canto sabes de? 6

Que prazo teño para contestar? Do luns 16 de decembro ao domingo 22 de decembro. Hai grandes premios? Si, un premio para o acertante de máis preguntas de cada ciclo. Os premios recibiranse en maio. Como fago para contestar? Cubre o formulario:

CANTO SABES DE 05 - pregunta

Canto sabes de? 5

Que prazo teño para contestar? Do luns 9 de decembro ao domingo 15 de decembro. Hai grandes premios? Si, un premio para o acertante de máis preguntas de cada ciclo. Os premios recibiranse en maio. Como fago para contestar? Cubre o formulario:

CANTO SABES DE 4 - pregunta

Canto sabes de? 4

Que prazo teño para contestar? Do luns 2 de decembro ao domingo 8 de decembro. Hai grandes premios? Si, un premio para o acertante de máis preguntas de cada ciclo. Os premios recibiranse en maio. Como fago para contestar? Cubre o formulario: