EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

Cuarto premio: “Días felices”

Curta de Rubén Gómez, Anabel Martínez, Estefanía Álvarez, Carla Bouzón, Gabriela Rial e Andrea Prieto, de 1º BAC do IES Manuel Murguía de Arteixo, coa participación de Juan José Vivas e Raúl García.

Terceiro premio: “Vidas paralelas”

Curta de Alba Freijeiro e Alba Vieites de 1º BAC do IES Manuel Murguía de Arteixo, coa participación de Fabio Dans, Irene Fernández, Lucía García e Sheila Tasende.

Segundo premio: “Crónica dun secuestro anunciado”

Curta de Alexandra Álvarez, Víctor Bellón, Miguel Díaz, Khadija Elomrani, Juan Manuel Fontenla, Lara Miñones, Esteban Rodríguez e Daniel Souto de 1º BAC do IES Manuel Murguía de Arteixo.

Curta gañadora: “Atrapados”

Velaquí o primeiro premio da categoría xuvenil do certame CinEOI Coruña Curtas. É unha curta de Patricia Caramés, Cintia Canedo, Yago Otero, Alba Padín e María Suárez, de 1º BAC do IES Manuel Murguía de Arteixo, coa colaboración de Diego Viña.

CinEOI Coruña Curtas 04 - actrices de Dias Felices con Isabel Risco

Actrices do IES Manuel Murguía con Isabel Risco

Algunhas das actrices do noso instituto poden presumir de estar conversando na gala CinEOI 2014 cunha das actrices máis simpática, máis crítica e máis en forma do noso panorama audiovisual, Isabel Risco, que xustamente onte levou o premio Mestre Mateo á mellor actriz de reparto polo seu papel na comedia “Era Visto!” da TVG.

Entrega primeiro premio da categoría xuvenil CinEOI 2014

Os creadores de “Atrapados” con Isabel Blanco

Os gañadores do primeiro premio da categoría xuvenil do certame CinEOI Coruña Curtas 2014 recibiron o premio dunha das actrices de moda, Isabel Blanco, que vén de gañar onte o premio á mellor actriz protagonista pola película “Todos os santos” nos premios Mestre Mateo.

Noticiero de Arteixo - IES Manuel Murguia premiado en CinEOI 2014

A prensa recoñece o bo facer audiovisual do IES Manuel Murguía

A prensa faise eco do grande éxito de Producións Fala de Raio no certame CinEOI 2014 e louba o traballo dos alumnos do Manuel Murguía. Podédelo ver no Noticiero de Arteixo e en StadioSport.

Curtas premiadas na sección xuvenil de CinEOI

Avalancha de premios en CinEOI 2014

Os catro primeiros premios da categoría xuvenil do certame CinEOI Coruña Curtas 2014 leváronos curtas presentadas polos alumnos de 1º BAC do IES Manuel Murguía, a través da súa produtora Fala de raio. “Atrapados“ conseguiu o primeiro premio, cunha dotación económica de 200 euros. Parabéns para Cintia, Patricia, Iago, Alba e María por este exitazo postmoderno O segundo premio foi para o thriller cómico “Crónica dun secuestro anunciado“, mérito de Alexandra, Lara, Víctor, Khadija, Juan Manuel, Daniel, Alejandro, Miguel e Esteban. “Vidas paralelas“ levou o terceiro premio. Alba F e Alba V non dan puntada sen fío. Coa axuda de Lucía, Fabio, Sheila e Irene sorprenderon ao xurado cunha enxeñosa curta. E o cuarto premio neste concorrido certame foi para “Días felices“, no que Gabriela, Estefanía, Carla, Andrea e Juan José lle poñen rostro a unha das máis serias problemáticas sociais que padecemos, baixo a dirección de Rubén e de Anabel. O xurado decidiu así, pero outras curtas puideron gañar, dado o gran nivel desta edición. Animávosvos a ver tamén as outras obras que presentaron ao certame os alumnos de 1ºBAC do instituto: “A herdanza“, “Armando“, “Broma a Timofónica“, “Galician Discovery“, “Pois xa que estamos” e “Un día sen auga“.  Parabéns a todos [...]

CinEOI Coruña Curtas - Gala de entrega de premios con Isabel Blanco

Hoxe é a gala de entrega de premios CinEOI Coruña Curtas

Hoxe ás 20 h terá lugar a gran gala de entrega de premios do Certame CinEOI Coruña Curtas, coa participación este ano da actriz Isabel Blanco, que segue o ronsel doutros grandes actores que acudiron en anos anteriores, como Luís Tosar ou Luís Iglesia. A nova produtora audiovisual do instituto, Producións Fala de raio, presenta nada menos ca 10 curtas á sección xuvenil deste certame, así que alí estaremos, cruzando os dedos a ver se cae algún premio en Arteixo. Seguro que si!      

Curta promocional CinEOI 2014

Xa podedes ver a curta promocional do certame CinEOI 2014, que propón ‘Rachar coas diferenzas de xénero‘ Lémbrovos que hai unha sección xuvenil na que podedes participar! Veña, xa, a rodar!!!