EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

Son o dono do meu destino, son o capitán da miña alma

junio 8, 2015 by ACTIVIDADES, NO ESCENARIO No Comments

Velaquí un fermoso poema inglés versionado en galego polos alumnos de 1º ESO A de Ámbitos.  Hai pouco, con motivo do I Congreso escolar Superación e resistencia, estes rapaces fixeron un excelente traballo sobre a figura de Nelson Mandela, un dos exemplos máis admirables de resistencia ante a adversidade de toda a historia mundial. Coa película Invictus de Clint Eastwood, baseada no libro O factor humano, popularizouse o poema que acompañou a Mandela durante os seus 27 anos en prisión e que o axudou a soportar o insoportable. Trátase duns fermosos versos do século XIX do poeta William Ernest Henley, que acaban así: “Son o amo do meu destino. Son o capitán da miña alma”. Pola alma de Mandela e por todas as outras almas inconquistables!  

oradores-bloque 2 resistencia ante a opresion (11)

O ‘imposible’ é posible

junio 2, 2015 by ACTIVIDADES No Comments

Esta mañá asistimos no noso instituto ao I Congreso escolar ‘Superación e resistencia’. O salón de actos encheuse de oradores procedentes das nosas propias clases, que con mestría presentáronnos incribles historias humanas de superación persoal e de resistencia ante a inxustiza social. Todos eles, amais de ensinarnos que eles tamén poden subir á tarima e ilustrarnos cos seus coñecementos, demostraron que con tesón e vontade podemos superar a adversidade. Podedes acceder ás fotos do congreso no Facebook, neste enlace.

0 Programa congreso escolar Superacion e resistencia

Programa do ‘I Congreso escolar Superación e Resistencia’

Mañá martes o instituto acollerá o I Congreso escolar ‘Superación e resistencia’, no que os protagonistas son os nosos propios alumnos. Haberá dúas quendas con intervencións diferentes en cada unha delas: a primeira comeza ás 10.40 h e a segunda ás 12.20 h. O salón de actos encherase para ver como temos entre nós grandes oradores que nos falarán de historias persoais fascinantes e motivadoras.