EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

Tiralle da lingua 2015

Segundo premio no Tíralle da lingua 2015

Un ano máis o IES Manuel Murguía acudiu á gran cita do Tíralle da lingua, a final que cada ano se celebra no IES Rosalía de Castro de Santiago, nun salón de actos ateigado de rapaces. Este ano houbo monólogos excepcionais, coma sempre, e un deles foi “Clases de idiomas”, que levou o segundo premio da categoría de segundo ciclo da ESO. Parabéns a David Cristóbal ‘Nano’ e a Joel García por darnos esas claves para aprender novos idiomas e polas súas táboas no escenario!

bases tiralle da lingua 2015

Fase preliminar do Tíralle da lingua

O luns ás 10.30 h, no Salón de actos do instituto, terá lugar a fase preliminar do concurso Tíralle da lingua, que a AS-PG convoca por décimoquinta ocasión. Os alumnos seleccionados para representar o IES Manuel Murguía asistirán á final galega de narrativa oral que terá lugar no Instituto Rosalía de Castro de Santiago de Compostela o día 28 de abril. Os premios son de 250 € para o gañador de cada categoría e de 150 € para o segundo. Participade!  

Paula Carballeira

Quentando motores para o Tíralle da lingua con Paula Carballeira

Paula Carballeira non para. Tras o éxito que acadou hai uns cantos días no Festival Internacional de Narración Oral Atlántica, rodeada dos mellores contacontos do mundo, tivémola unha vez máis no noso instituto, transmitíndonos historias, de medo, de dragóns ou de acotío, pero todas elas extraordinarias. Foi unha sorte para os alumnos de primeiro ciclo do IES Manuel Murguía asistir ao seu espectáculo. E agora, a contar vós! Lembrade que xa se convocou o concurso“Tíralle da lingua” e que, coma sempre, ten grandes premios. É a vosa oportunidade, contistas! Mirade as bases do concurso.

II Concurso de relatos do outono-horizontal

II concurso literario do outono

Tras o grande éxito do “I Concurso de contos de medo” do ano pasado, Fala de raio convoca o “II Concurso literario do outono”. Que teño que facer? 1. Escribir un relato antes do 30 de novembro. 2. Cunha extensión máxima de 500 palabras. 3. O tema é libre 4. É obrigatorio introducir no conto as seguintes palabras: avogado, magosto, purpurina, maxia, rodaballo. 5. Ponlle a etiqueta ‘concurso do outono’. 6. Publícao na páxina faladeraio.es, na sección “Eu falo”. Haberá premios? Claro. Mira o premio da anterior edición. Se non son usuario da páxina, como podo publicar? Vai á sección Participa  (pódela ver na parte superior dereita da páxina). Cubre o formulario e no texto da mensaxe solicita un usuario para o blog “Eu falo”. No prazo máximo dun día recibirás no teu correo electrónico un Usuario e un Contrasinal e as instrucións para entrar na páxina. Se xa son usuario da páxina, como podo publicar? Entra no teu panel de control picando aquí. Introduce o teu Usuario e Contrasinal. Na pestana Entradas, “Engade unha nova entrada” co teu conto. Pica na categoría “Literario” Ponlle ao teu texto a etiqueta “concurso outono” Se non me aclaro, que podo facer? Escribe un correo electrónico [...]

bagoas de sangue - nerea cotelo - medo me da

“Bágoas de sangue” gaña o concurso de contos Medo me dá

Parabéns a Nerea Cotelo García, de 1ºESO C, gañadora do certame de contos de medo convocado no outono por Fala de raio. O seu relato gustoulle moitísimo ao xurado, pero tamén aos seus compañeiros e lectores, como amosan os comentarios nos seus posts. Se vos apetece, podedes reler esta fantástica historia no blog Eu falo, dividida en tres entregas: aquí, aquí e tamén aquí. E mañá, antes da gymkana, entrega do premio! Nerea, ven recollelo!!!

Tiralle da lingua 2014-01-IES Manuel Murguia (3)

Un ano máis no “Tíralle da lingua”

O IES Manuel Murguía participou un ano máis na final do festival de narración oral “Tíralle da lingua”, organizado pola ASPG. Os nosos rapaces estiveron no IES Rosalía de Castro de Santiago, onde amosaron os seus dotes escénicos arroupados polas súas clases. Carmen e Julia competiron na categoría de primeiro ciclo da ESO co espectáculo “Pais, nais e debuxos animados”. Na categoría de segundo ciclo da ESO, Jorge,  Mihai e Roque fixeron un sketch sobre “O estrés na discoteca”. Pero non só imos falar destes finalistas. En 1ºD, 2ºA, 2ºB, 2ºD e 3ºC hai moito talento oculto. Grazas a todos por participar na fase de clasificación, e o ano que vén volvede intentalo. O premio, como mínimo, ir a Santiago con toda a vosa clase. Visitade o Facebook de Fala de raio se queredes ver todas as fotos.

Cartel do concurso de contos de medo do IES Manuel Murguía

Concurso “Medo me dás”

Participa no novo concurso do IES Manuel Murguía e fai un conto terrorífico. Onde publico o meu conto? Na sección “Eu falo” deste portal. Se non son usuario da páxina, como podo publicar? Vai á sección Participa  (pódela ver na parte superior dereita da páxina). Cubre o formulario e no texto da mensaxe solicita un usuario para o blog “Eu falo”. No prazo máximo dun día recibirás no teu correo electrónico un Usuario e un Contrasinal e as instrucións para entrar na páxina. Se xa son usuario da páxina, como podo publicar? Entra no teu panel de control picando aquí. Introduce o teu Usuario e Contrasinal. Na pestana Entradas, “Engade unha nova entrada” co teu conto. Pica na categoría “Literario” Ponlle ao teu texto a etiqueta “medo” Se non me aclaro, que podo facer? Escribe un correo electrónico a faladeraio@gmail.com explicando o que che pasa. Axudarémoste. Haberá premios? Claro, e serán terroríficos. Cando recibirei o premio? A entrega dos agasallos terá lugar na gala final de curso. Premiarase aos vencedores de todos os concursos promovidos por Fala de raio.