
O galego pisa forte no Correlingua 2014
Un ano máis, os alumnos de 2ºESO do IES Manuel Murguía participaron no Correlingua da Coruña, tan multitudinario coma sempre. Nesta ocasión fixemos unha fermosa pancarta, co lema “O galego pisa forte“. Boa maneira de agardar polo Día das Letras Galegas, un 15 de maio espectacular, coroando o Correlingua cun movido concerto de rock e co sol brillando sobre a Torre de Hércules! Se queredes ver o álbum de fotos, entrade no Facebook de Fala de raio.