EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

Conversamos con Iván Prado

Velaquí un novo proxecto de Fiestra Aberta. Ainhoa , de 3º ESO D, no nome dos compañeiros da súa clase, conversa con Iván Prado. Iván Prado forma parte do colectivo Pallasos en Rebeldía e é un dos impulsores do Festiclown, o máis importante festival internacional de clown. Ambos falan sobre proxectos de circo social transformadores da realidade en lugares tan dispares como Galicia, Chiapas, Palestina ou Brasil.

Conversamos con Iván Montero

Os alumnos de 3º ESO E entrevistaron hai non moito a Iván Montero, un veciño noso de Arteixo que desgraciadamente o ano pasado perdeu as pernas nun accidente de tráfico cando adestraba coa bicicleta. Podedes ver a entrevista enteira para coñecer de preto o proceso de superación persoal este home, pai dun dos alumnos do noso instituto, que non se rende e está a prepararse para os vindeiros xogos paraolímpicos. Javi Naya, Adrián Lestón, Daniel Álvarez e Daniel Romero son os encargados de conducir esta entrevista no nome dos seus compañeiros.

cartel cineoi 2015-cartel

Nova edición de CinEOI

enero 29, 2015 by CINEOI, CONCURSOS, FALA TV No Comments

Rapaces, a Escola Oficial de Idiomas da Coruña vén de convocar unha nova edición do seu festival de cine CinEOI 2015. De novo o IES Manuel Murguía colabora na categoría xuvenil, e ademais a Produtora Fala de raio xa está a desenvolver os guións para realizar novas curtametraxes e presentalas ao concurso. Se algún alumno do instituto se anima a unirse e participar, que entre en contacto coa profesora Begoña González. Veña, a ver se este ano volve a haber sorte e gañamos algún premio. Podedes ler aquí as bases do concurso.

Gymkana do concurso "Canto sabes de...?" (IES Manuel Murguía)

Premios de Fala de raio e gymkana final

Este venres terá lugar a agardada entrega de premios dos concursos Fala de raio: Quen será o gañador do certame de contos de medo? Quen gañou o concurso “Canto sabes de…?” Vide ao patio, e xusto antes da gymkana final, faráselles entrega dos premios aos gañadores! E deseguido, concurso de probas de habilidade, enxeño e bo humor co que despediremos o curso. Forma un equipo de 2, 3 ou 4 membros e participa! Haberá substanciosos premios!

IES Manuel Murguía na final de Parlamento Xove 2014 no Parlamento de Galicia

Premio ao mellor dossier de investigación en Parlamento Xove 2014

O equipo do IES Manuel Murguía tivo a oportunidade de pasar unha xornada moi intensa nun lugar privilexiado: o hemiciclo do Parlamento de Galicia. Esta vez o noso equipo de debate non puido co IES de Becerreá, logo dun duro debate no que ao IES Manuel Murguía lle tocou defender a postura “en contra” no dilema “debe primar a seguridade dun país sobre a privacidade dos cidadáns?”. Non importa. Volvemos ao instituto coa satisfacción de quen viu o seu traballo recoñecido co Premio ao mellor dossier de investigación deste certame. Parabéns a Patricia, Juanlu, Darío e Iván polo seu gran traballo! Se queredes ver todas as fotos da fase de clasificación e fase final do Parlamento Xove 2014, entrade no Facebook de Fala de raio picando aquí.

Curta “Pois xa que estamos”

Curta de Pablo García, Darío Pazos, Nerea Naya, Nicolás Grisanti, Gabriela Rial e Jorge Veiga de 1º BAC do IES Manuel Murguía de Arteixo, coa participación de Carlota Souto. Estes mozos só pensan no ‘único’

Curta “A herdanza”

Curta de María Boedo, Alicia Vázquez, Lara Vázquez e Jéssica Pena, de 1º BAC do IES Manuel Murguía de Arteixo. En que familia a herdanza non provocou fastidiosos problemas?

Curta “Galician Discovery”

Curta de Pablo García, Óscar Fondo e Alexander Ferreira, cun cameo estelar de Isabel Maturana. Neste capítulo de “Galician Discovery” Óscar Fondo da Xungla introdúcese nun hábitat salvaxe: o instituto público.

Curta “Un día sen auga”

Curta de Samuel Suárez, Sergio García, Manuel Queijeiro e Bilal Belkalcha de 1º BAC do IES Manuel Murguía de Arteixo. Que sería de nós sen auga?

Curta “Armando”

Curta de Jaime Muscó, protagonizada por Viberto Quinteiro, e coa colaboración de Fabián González, Lara Miñones e Manuel Tato. Armandiño, sempre armándoas