EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

jpg

Begoña, a nosa “teacher” de galego en Londres

septiembre 21, 2015 by ACTIVIDADES No Comments

Begoña, a nosa “teacher” de galego en Londres

Hoxe o galego en… Polonia

Fernando, Diego, Iván e Chechu, alumnos de 1º ciclo do IES Manuel Murguía, conversan con estudantes polacas que aprenden galego na Universidade de Varsovia. Grazas a eles e tamén á súa profesora Rebeca Lema. Unha aperta desde Arteixo!

Hoxe o galego no… País de Gales

María, Nerea, Pedro, Laura e Aitor, alumnos de 1º ciclo do IES Manuel Murguía, conversan con estudantes de galego na Universidade de Bangor, no País de Gales. Graciñas por participar e un saúdo tamén para a súa profesora Lorena López.

Hoxe o galego en… Alemaña

Fran, Ismael, Arturo, Lucía e Ergin, alumnos de 1º ciclo do IES Manuel Murguía, conversan con estudantes alemáns que estudan galego na Universidade de Leipzig. Grazas a eles e tamén ao seu profesor Daniel Barbero Patiño.

Hoxe o galego en… Inglaterra

Flor, Aness e Safae, alumnos de 1º ciclo do IES Manuel Murguía de Arteixo, conversan con Octavian, mozo inglés que estuda galego na Universidade de Oxford. Thank you, Octavian. We are looking forward to seeing you soon in Galicia. E grazas tamén ao seu profesor Diego Pardo Amado.

Hoxe, o galego en… Italia

María, Leticia, Nerea e Mateo, alumnos de 1º ciclo do noso instituto, conversan con algúns mozos italianos que estudan galego na Universidade de Padova, coa profesora Gemma Álvarez Maneiro. Grazie a loro!

miniatura lectores

Conversamos con… estranxeiros que aprenden galego

Inauguramos a sección “Conversamos con…” coa entrevista a estudantes estranxeiros que aprenden galego nas súas Universidades en Croacia, Polonia, Alemaña, Inglaterra, Gales ou Italia. Varios alumnos de 1º ciclo da ESO fixéronlles estas entrevistas que comezamos a divulgar hoxe. Estade atentos, porque esta semana previa ao Día das Letras Galegas, cada día sairá unha. Axustámonos así ao lema das celebracións deste ano no instituto: “Letras galegas, letras sen fronteiras“

Antoloxía de literatura galega traducida a diferentes idiomas

Letras galegas, letras sen fronteiras

O vindeiro domingo é 17 de maio, o Día das Letras Galegas. No instituto querémoslle facer unha homenaxe á nosa lingua centrándonos no seu carácter máis internacional. Así que a partir desta semana que empeza haberá actividades diferentes no instituto que incidirán nesta idea e que nos farán ver o interese que espertamos fóra das nosas fronteiras.  Por exemplo, poderedes ver unha exposición na biblioteca con traducións de obras literarias galegas a idiomas do máis variopintos: árabe, ruso, xaponés… E ademais, inauguraremos unha nova sección da páxina, Fiestra aberta, coas entrevistas que varios alumnos de 1º ciclo da ESO lles realizaron a estudantes estranxeiros que aprenden galego nas súas Universidades en Croacia, Polonia, Alemaña, Inglaterra, Gales ou Italia.