Falamos con Kiel
Os alumnos de 1º da ESO conversan con alumnos da universidade de Kiel ( Alemaña) https://youtu.be/uLpl3IkkeMs
Hoxe o galego en… Polonia
Fernando, Diego, Iván e Chechu, alumnos de 1º ciclo do IES Manuel Murguía, conversan con estudantes polacas que aprenden galego na Universidade de Varsovia. Grazas a eles e tamén á súa profesora Rebeca Lema. Unha aperta desde Arteixo!
Hoxe o galego no… País de Gales
María, Nerea, Pedro, Laura e Aitor, alumnos de 1º ciclo do IES Manuel Murguía, conversan con estudantes de galego na Universidade de Bangor, no País de Gales. Graciñas por participar e un saúdo tamén para a súa profesora Lorena López.
Hoxe o galego en… Alemaña
Fran, Ismael, Arturo, Lucía e Ergin, alumnos de 1º ciclo do IES Manuel Murguía, conversan con estudantes alemáns que estudan galego na Universidade de Leipzig. Grazas a eles e tamén ao seu profesor Daniel Barbero Patiño.
Hoxe o galego en… Inglaterra
Flor, Aness e Safae, alumnos de 1º ciclo do IES Manuel Murguía de Arteixo, conversan con Octavian, mozo inglés que estuda galego na Universidade de Oxford. Thank you, Octavian. We are looking forward to seeing you soon in Galicia. E grazas tamén ao seu profesor Diego Pardo Amado.
Hoxe o galego en… Croacia
Flor, Esteban, Ayoub e Yael, alumnos de 1º ciclo do IES Manuel Murguía de Arteixo, conversan con estudantes universitarios croatas que estudan galego na Universidade de Zadar. Grazas a todos por charlar connosco e tamén á vosa profesora María Rosales.
Hoxe, o galego en… Italia
María, Leticia, Nerea e Mateo, alumnos de 1º ciclo do noso instituto, conversan con algúns mozos italianos que estudan galego na Universidade de Padova, coa profesora Gemma Álvarez Maneiro. Grazie a loro!

Conversamos con… estranxeiros que aprenden galego
Inauguramos a sección “Conversamos con…” coa entrevista a estudantes estranxeiros que aprenden galego nas súas Universidades en Croacia, Polonia, Alemaña, Inglaterra, Gales ou Italia. Varios alumnos de 1º ciclo da ESO fixéronlles estas entrevistas que comezamos a divulgar hoxe. Estade atentos, porque esta semana previa ao Día das Letras Galegas, cada día sairá unha. Axustámonos así ao lema das celebracións deste ano no instituto: “Letras galegas, letras sen fronteiras“

Fiestra aberta
Inauguramos unha nova sección nesta web, Fiestra aberta. Trátase de abrir unha xanela pola que saír do instituto e interesarnos polo que pasa no mundo. Inauguraremos esta sección cun ciclo de entrevistas baixo o lema “Conversamos con…”