EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

A choiva nas túas pestanas

Dis que amas a choiva pero abres o teu paraugas cando chove, mentres as gotas se coan polas túas pestanas. E quen me dera ser elas, para poder ir morrer á túa boca. Pero deixemos por un momento esas cousas de lado e dime: como se inspira a xente para escribir unha carta de amor? Non minto se che digo que mentres penso nunha resposta a miña mente só se centra nos teus ollos, porque xúroche que nin no infinito do universo hai estrela que brille máis ca eles. Non me xulgues, xa sei que non é esta a forma de escribirche poesía, pero éme inevitable imaxinarme rozando o latexo do teu corazón, reducindo todo así a unha única sensación. A min queréndote. E xa que decidín recordar como aquel día me bicaches, podo deducir que se no meu mundo ti es todo, iso baste como resposta.   Carla Rodríguez Varela, Antía Corral Ricoy  4ºE

A contradición do amor

Que duro é o amor que dura é a vida que belo ver o solpor co amor da miña vida.   Que belo é o amor que bela é a vida que duro ver o solpor sen o amor da miña vida.   Teño una grave dor no interior do corazón a causa da túa ida un insomnio no meu día a día.   Rebeca Castro Rodríguez e Claudia Varela Vázquez 4ºB