
Os nomes sepultados na Punta Lagosteira
No 2004 comezou a construírse o Porto Exterior da Coruña a carón do polígono de Sabón, na Punta Lagosteira. As obras levaron por diante o Castro do Cociñadoiro, un curioso castro costeiro, con casas rectangulares, e o máis antigo da provincia da Coruña. Moitos considerárono un drama! Pero non só supuxo a desaparición de parte da nosa historia material, senón tamén da inmaterial. Como nos contou onte Vicente Feijoo, é enorme a cantidade de nomes da costa que quedaron sepultados polas obras do porto exterior na Punta Lagosteira. Fixádevos na ilustración!

Do Cu Cagado ao Quinto Pino e outros topónimos interesantes ;)
Por que en Oseiro hai unha pedra que se chama O Cu Cagado? Disque é un nome habitual en toda a costa galega (por exemplo, O Con Cagado), porque son pedras cagadas polos corvos mariños, pero se cadra, como comentaban algúns alumnos que llelo oíron contar aos seus avós, débese a que cando baixa a marea esta pedra semella un cu cunha parte negra na rocha, como se estivera cagado. Por que non lle sacades unha foto á pedra e investigades o nome preguntándolles aos vosos avós? Investigar é o que leva feito arreo o noso convidado de onte, Vicente Feijoo Ares, que durante moitos anos foi o coordinador dos traballos de campo do proxecto Toponimia de Galicia e que actualmente traballa no Seminario de Onomástica da Real Academia Galega. Vicente estivo aquí no Instituto con alumnos de 3º ESO e de 4ºESO. Falounos de nomes ben curiosos do noso concello e das súas orixes: Lama Má, O Salto do Carro, A Silla do Rei, O Coto das Meigas, O Porto das Bendicions ou O Cabo Cociñadoiro. Ensinounos que detrás dos nomes hai paxaros, ríos, montes, pedras, ritos, lendas… Cantas sorpresas levamos! A partir de agora sen dúbida ímonos fixar máis nos topónimos do [...]

Obradoiro de rodaxe con Jorge Saavedra. Si, si, o de Matalobos!
Este xoves tivemos unha visita de excepción no noso centro, a de Jorge Saavedra, director de series tan famosas como Matalobos e autor de numerosas curtametraxes. Jorge tivo un encontro cos alumnos de 1º de Bacharelato para traballar con eles en cuestións relacionadas coa rodaxe audiovisual. Aprendemos moito e saímos reforzados para seguir adiante coas curtametraxes que estamos a preparar. Non nos imos saltar o eixe, prometémoscho, Jorge! Queres ver todas as fotos? Entra aquí.
Obradoiro Titerehop – Os nosos títeres que cantan
Velaquí os nosos monicreques cantores: isto si que é ritmo
Obradoiro Titerehop – Noticieiro de Arteixo
O Noticieiro de Arteixo faise eco do Obradoiro Titerehop que realizamos coa compañía “Viravolta”. Podedes ver como cantan os nosos monicreques no seguinte vídeo.