EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

Son o dono do meu destino, son o capitán da miña alma

junio 8, 2015 by ACTIVIDADES, NO ESCENARIO No Comments

Velaquí un fermoso poema inglés versionado en galego polos alumnos de 1º ESO A de Ámbitos.  Hai pouco, con motivo do I Congreso escolar Superación e resistencia, estes rapaces fixeron un excelente traballo sobre a figura de Nelson Mandela, un dos exemplos máis admirables de resistencia ante a adversidade de toda a historia mundial. Coa película Invictus de Clint Eastwood, baseada no libro O factor humano, popularizouse o poema que acompañou a Mandela durante os seus 27 anos en prisión e que o axudou a soportar o insoportable. Trátase duns fermosos versos do século XIX do poeta William Ernest Henley, que acaban así: “Son o amo do meu destino. Son o capitán da miña alma”. Pola alma de Mandela e por todas as outras almas inconquistables!  

Recital Lucia Aldao e Maria Lado-Arteixo

Recital de María Lado e Lucía Aldao no Centro Cívico

febrero 25, 2015 by NO ESCENARIO No Comments

María Lado e Lucía Aldao son poetas, mais non poetas calquera! Onte asistimos a un recital que che reconcilia coa arte! Música, xogos, historias e risa, moita risa, é o que tivemos no Centro Cívico con estas dúas mozas que saben rachar cos tópicos asociados á poesía e, especialmente, á poesía en galego. Os rapaces de 4º ESO non o van esquecer!  

letrasgalegas2014-slider

Se ten que chover, que chova…

Fala de raio quere unirse hoxe, o Día das Letras Galegas, á homenaxe a Xosé María Díaz Castro. Porque sabía do valor das cousas pequenas e humildes pero bonitas e nos amosa por que non debemos pisotear nada que teña vida: Herba perquerrechiña que con medo sorrís ó sol que vai nacendo e morrendo sen ti, ¿por que de ser pequena te me avergonzas ti? ¡O Universo sería máis pequeno sen ti! Porque se comprometeu fondamente co país. Son moitos os exemplos de poesía reivindicativa nas nosas letras, pero “Penélope“, o máis coñecido de Díaz Castro, deu cunha das mellores definicións de Galicia: Un paso adiante e outro atrás, Galiza, e a tea dos teus soños non se move. A espranza nos teus ollos se espreguiza. Aran os bois e chove. Un bruar de navíos moi lonxanos che estrolla o sono mol coma unha uva. Pro ti envólveste en sabas de mil anos, e en sonos volves a escoitar a chuva. Traguerán os camiños algún día a xente que levaron. Deus é o mesmo. Suco vai, suco vén, ¡ Xesús María!, e toda cousa ha de pagar seu desmo. Desorballando os prados como sono, o Tempo vai de Parga a Pastoriza. Vaise [...]

letras galegas_teatro_paso de valverde (7)

Díaz Castro por Paso de Valverde

Onte os alumnos de 3ºESO e 4ºESo do noso centro achegáronse dunha maneira ben divertida á poesía de Xosé María Díaz Castro, poeta ao que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas. Os actores da Asociación Teatral “Paso de Valverde” de Arteixo viñeron ao instituto e fixeron unha fermosa lectura dramatizada que non nos deixou indiferentes!