EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

Tíralle da lingua

Como xa sabedes entre este martes e o próximo día 5 de abril estase a celebrar fase preliminar para escoller os representantes deste centro .

Tiralle da lingua 2015

Segundo premio no Tíralle da lingua 2015

Un ano máis o IES Manuel Murguía acudiu á gran cita do Tíralle da lingua, a final que cada ano se celebra no IES Rosalía de Castro de Santiago, nun salón de actos ateigado de rapaces. Este ano houbo monólogos excepcionais, coma sempre, e un deles foi “Clases de idiomas”, que levou o segundo premio da categoría de segundo ciclo da ESO. Parabéns a David Cristóbal ‘Nano’ e a Joel García por darnos esas claves para aprender novos idiomas e polas súas táboas no escenario!

tiralle da lingua 2015 - seleccion IES Manuel Murguia (3)

Xa temos representantes para a final do Tíralle da Lingua!

Parabéns aos valentes participantes e gañadores na primeira fase do certame de narración oral Tíralle da Lingua! Xa sabedes que agora representarán ao Manuel Murguía na fase final que terá lugar no IES Rosalía de Castro de Santiago. Manterémosvos informados sobre como se desenvolva a nova edición (que será a décimo quinta!) desta festa da palabra. Non deixedes, polo tanto, de animar a Jennifer Gil, Yao Gómez e Nicolás Paz, premiados na categoría de “Primeiro ciclo de ESO”  e mais a Daniel Álvarez, Daniel Romero, David-Nano Cristóbal e Joel García, na categoría “Segundo ciclo de ESO”. Podes ver todas as fotos no Facebook.

bases tiralle da lingua 2015

Fase preliminar do Tíralle da lingua

O luns ás 10.30 h, no Salón de actos do instituto, terá lugar a fase preliminar do concurso Tíralle da lingua, que a AS-PG convoca por décimoquinta ocasión. Os alumnos seleccionados para representar o IES Manuel Murguía asistirán á final galega de narrativa oral que terá lugar no Instituto Rosalía de Castro de Santiago de Compostela o día 28 de abril. Os premios son de 250 € para o gañador de cada categoría e de 150 € para o segundo. Participade!  

Paula Carballeira

Quentando motores para o Tíralle da lingua con Paula Carballeira

Paula Carballeira non para. Tras o éxito que acadou hai uns cantos días no Festival Internacional de Narración Oral Atlántica, rodeada dos mellores contacontos do mundo, tivémola unha vez máis no noso instituto, transmitíndonos historias, de medo, de dragóns ou de acotío, pero todas elas extraordinarias. Foi unha sorte para os alumnos de primeiro ciclo do IES Manuel Murguía asistir ao seu espectáculo. E agora, a contar vós! Lembrade que xa se convocou o concurso“Tíralle da lingua” e que, coma sempre, ten grandes premios. É a vosa oportunidade, contistas! Mirade as bases do concurso.

Tiralle da lingua 2014-01-IES Manuel Murguia (3)

Un ano máis no “Tíralle da lingua”

O IES Manuel Murguía participou un ano máis na final do festival de narración oral “Tíralle da lingua”, organizado pola ASPG. Os nosos rapaces estiveron no IES Rosalía de Castro de Santiago, onde amosaron os seus dotes escénicos arroupados polas súas clases. Carmen e Julia competiron na categoría de primeiro ciclo da ESO co espectáculo “Pais, nais e debuxos animados”. Na categoría de segundo ciclo da ESO, Jorge,  Mihai e Roque fixeron un sketch sobre “O estrés na discoteca”. Pero non só imos falar destes finalistas. En 1ºD, 2ºA, 2ºB, 2ºD e 3ºC hai moito talento oculto. Grazas a todos por participar na fase de clasificación, e o ano que vén volvede intentalo. O premio, como mínimo, ir a Santiago con toda a vosa clase. Visitade o Facebook de Fala de raio se queredes ver todas as fotos.